Obradoiro arredor do proxecto «Galicia latente», o 16 no Abeiro do Sor, en Mañón

LA VOZ MAÑÓN

MAÑÓN

Fachada del albergue O Abeiro do Sor, en una imagen de archivo
Fachada del albergue O Abeiro do Sor, en una imagen de archivo CEDIDA

Abordará as diferentes realidades culturais do país

13 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Galicia latente é o nome do proxecto do fotógrafo Eduardo de Martís, orixinario de Oleiros e asentado en Viveiro desde hai varios anos, co que pretende «achegar ás persoas o valor social, económico e sostible que atesoura a cultura galega no presente». Plásmase no libro homónimo, no que documenta «as múltiples realidades da cultura galega actual».

O Concello de Mañón organiza o obradoiro A Galicia do presente, que impartirá De Martís este sábado, día 17 de marzo, no Abeiro do Sor, ás seis da tarde. Exporá os retos da cultura galega, proxectará un documental e rematará cun coloquio que denomina Cultura ao meu redor.

En canto ao libro autoeditado poro Eduardo de Martís, componse de 216 páxinas, 233 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos, entre os que se inclúe o de Mañón.