
O CEIP do Barqueiro programa un recital poético, degustación de caldo de gloria e un contacontos
22 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O CEIP Francisco López Estrada, situado na localidade de O Barqueiro, festexará o luns, día 24, o Día de Rosalía, cunha xornada de portas abertas.
Nas instalacións do colexio público de Mañón haberá un recital poético a cargo do alumnado (13.00) e degustación de caldo de gloria (14.00).
E a partir das tres, Caxoto da Trastenda dos Contos ofrecerá un espectáculo de contacontos, «Somos ríos, somos fontes, somos regatos pequenos...». Colabora o Concello.