Serán do Sor en O Barqueiro, cun obradoiro de baile e foliada, este xoves

LA VOZ MAÑÓN

MAÑÓN

CEDIDA

O grupo de música tradicional O Son do Sor organiza o encontro, que naceu hai 14 anos

17 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O grupo de música tradicional O Son do Sor organiza o Serán do Sor, este xoves a partir da unha da tarde ao pé da praia de Esteiro, no Barqueiro (Mañón).

Soarán os cantos de taberna, á unha comezará a sesión vermú e ás dúas actuará Nimbos. Miguel Abad impartirá un obradoiro de baile tradicional ás cinco.

E ás sete comezará o Serán, con música e baile, e foliada para todos os que acudan Tamén haberá comida e bebida a prezos populares. O Concello colabora coa organización.