As actividades comezan este xoves e seguirán ata o sábado
21 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O colectivo Nordés inicia hoxe a edición quince das Xornadas Memoria dun Tempo, entre Mañón e O Vicedo. Hoxe será a presentación do libro Ciudad de la Selva (Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio), con Laura Martínez Panizo (20 horas, Casa da Cultura do Vicedo).
Despois está prevista a proxección do documental de Miguel Riaño Roa sobre o tema abordado no libro de Martínez Panizo.
Seguirán o venres, tamén no Vicedo; e o sábado, coa homenaxe aos republicanos e libertarios, que terá lugar na ponte Vella do Barqueiro (13), e un recital no Vicedo (22).