Moeche clausura con música a exposición «Febre», o domingo no castelo

LA VOZ MOECHE

MOECHE

CÉSAR TOIMIL

Tocarán o grupo ferrolán Quan e o cantautor El Flop

26 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Este domingo, día 28, clausúrase a exposición «Febre», de Likemarmota, no castelo de Moeche. E como peche da mostra, ás 12.00 horas actuarán o grupo ferrolán Quan, con Óscar Quanta e Alberto Amigo, e o cantautor El Flop.

Estas actividades programadas para o peche da mostra son ofrecidas polo propio autor da exposición, segundo indican desde o Concello

Por outra banda, este venres rematan as festas parroquiais de Abade, co grupo Aché na sesión vermú (13.30) e tamén pola noite (22.30), xunto co do dúo Venus. E o sábado hai mercado no recinto feiral.