
A cita organizada polo Concello coincide co mercado dos sábados
19 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A Feira da Faba de Moeche, que organiza o Concello este sábado, día 19, rematará cunha degustación de fabada elaborada pola Asociación de Veciños de Labacengos, a prezos populares.
Antes, desde as 10.00 ata as 15.00 horas, os asistentes poderán comprar fabas e outro tipo de produtos alimentarios e de artesanía nos postos instalados na nave de San Ramón.
Tamén haberá un obradoiro de flores con folla de millo (12.00), música tradicional con Silbarda (12.30), concurso de debagado de fabas (13.15) ou sorteo de produtos da feira (14.00).