Foliada e concurso de tortillas e croquetas na presentación do Festival Irmandiño, este venres en Moeche
MOECHE
MOECHE

Desmuiñadas do Ventoreiro actuarán no local social do Pereiro
16 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A edición 46 do Festival Irmandiño de Moeche preséntase este venres, ás 21.00 horas, no local social do Pereiro. Actuarán as Desmuiñadas do Ventoeiro e despois haberá unha foliada aberta.
Tamén se celebrará un concurso de tortillas e croquetas, cun agasallo especial para os gañadores. Organiza a Asociación Cultural Irmandiños.
No acto desta tarde-noite daranse a coñecer as datas e o cartel do festival, que terá lugar no mes de agosto e volverá encher de xente a localidade.