
A Concellaría de Deportes organiza a actividade, con colaboración de colectivos veciñais e outras Administracións
14 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A décima carreira popular organizada pola Concellaría de Deportes de Moeche celebrarase o día 21, dentro do circuíto da Deputación. Sairá ás 18.30 horas, con percorridos para todas as idades, desde 75 metros ata 6,5 quilómetros. A inscrición está aberta ata o día 18 en www.carreirasgalegas.com. O Concello pretende así «fomentar hábitos saudables».
O custe é de cinco euros, en concepto de participación na carreira absoluta. A inscrición inclúe o seguro, o avituallamento, as duchas no pavillón municipal, o gardarroupa e o agasallo de recordo da proba que levarán todos os deportistas.
O Concello conta coa colaboración dos colectivos veciñais de Labacengos e Val de Moeche, a Deputación da Coruña, a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Valdoviño e o Xeoparque do Cabo Ortegal. Lácteos Moeche e FisiocheBen tamén cooperan, e A Tenda de Iria, A Tendiña de Moeche e o supermercado O Cruce axudan co avituallamento.