Representantes de centros de ensino turcos coñecen o programa naronés de educación vial
NARÓN / LA VOZ
NARÓN

Chegaron a Narón o pasado domingo e permanecerán ata o venres na cidade
26 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Un total de catro docentes e un coordinador de Turquía visitan esta semana Narón para coñecer o traballo que a localidade desenvolve en materia de educación viaria. Xunto co edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, e os responsables do equipo de Educación Viaria de Narón, Sonia López e Pedro Caneiro, a alcaldesa Marián Ferreiro conversou con Mehmet Melih, Ömer Gökdogan, Bülent Kör e Derya Yolcu, directores de centros de ensino turcos, e co coordinador da comitiva, Hamza Aydogdu. Chegaron a Narón o pasado domingo e permanecerán ata o venres na cidade, onde farán distintas actividades e conferencias en escolas naronesas.