
Tamén propón unha piscina
13 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.O BNG de Narón presentará plans directores para todos os barrios. E a través dun vídeo, lanzou onte a súa proposta para Xuvia. A candidatura encabezada por Olaia Ledo pretende «abrir Xuvia ao mar e dotar tanto a esta zona como á de San Xiao cun colexio novo e adaptado».
Outras iniciativas nacionalistas para Xuvia son «un pavillón deportivo, ou destinar o edificio do colexio a local social e para o clube de piragüismo». Para esa apertura ao mar, «faremos que os muros que separan a ría sexan abertos, e reclamamos un pantalán accesíbel e novas instalacións». O programa do BNG tamén conta «cunha piscina, un centro comercial aberto para promover o pequeno comercio e reformar a antiga praza do concello».