A alcaldesa de Narón recibe ao comisario da Policía Nacional

La Voz NARÓN / LA VOZ

NARÓN

A alcaldesa de Narón reuniuse co comisario da Policía Nacional
A alcaldesa de Narón reuniuse co comisario da Policía Nacional Cedida

No encontro participou o novo edil de Seguridade Cidadá

19 jul 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Dentro da ronda de contactos da alcaldesa de Narón con autoridades da zona, Marián Ferreiro reuniuse este martes co comisario da Policía Nacional da Comisaría de Ferrol-Narón. A rexedora recibiu a Javier María de Loresecha no seu despacho do Concello de Narón. E no encontro tamén participou o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona. Ademais acudiu o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita.

Esta xuntanza programada para onte quixo celebrarse como unha primeira toma de contacto co compostelán Javier María de Loresecha e o novo concelleiro de Seguridade Cidadá. José Oreona asumiu estas novas responsabilidades no goberno local no pasado mes de xuño, colocandose ao fronte da área de Seguridade Cidadá e SPEIS ((Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento), entre outros departamentos.

Os tres participantes nesta convocatoria celebrada no Concello de Narón «aproveitaron a ocasión para abordar algúns temas de actualidade relativos á área cidadá e tamén valorar a estreita colaboración entre os Corpos da Policía Nacional e Local nas súas funcións en defensa dos dereitos da cidadanía e a seguridade».

O goberno local de Terra Galega continúa presentádonse así ás diferentes autoridades da zona, tras gañar as pasadas eleccións municipais.