O Concello e a asociación Memoria Histórica Democrática impulsan charlas e unha exposición sobre o Holocausto
19 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Cada 27 de xaneiro conmemórase o Día Mundial das Vítimas do Holocausto. E o Concello de Narón adicará como sempre actividades á memoria dos galegos asasinados polos nazis, entre os que se atopaban 21 veciños de Ferrolterra. Contará coa colaboración da asociación Memoria Histórica Democrática con diferentes actividades como a exposición Galegos en Mauthausen na biblioteca desde o vindeiro luns 20 de xaneiro ata o 1 de febreiro.
Alí estarán 40 imaxes «que amosan as duras condicións de vida no campo nazi de exterminio, e os documentos de españois que foron prisioneiros ou sucumbiron nel».
A asociación tamén impartirá unha charla para o alumnado do colexio Santiago Apóstol, que o día 27 fará unha visita guiada e acudirá á cerimonia de encendido das candeas no Concello.