Cineclube Serie B lanza as súas «Historias extraordinarias»

La Voz NARÓN

NARÓN

ANGEL MANSO

Desenvolverase no vindeiro mes de outubro no Pazo da Cultura

25 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

No vindeiro mes de outubro, desenvolverase no Pazo da Cultura o ciclo de cine Historias extraordinarias. Está organizado polo Concello de Narón e Cineclube Serie B, con proxeccións todos os mércores ás 20.00 horas e gratis.

As catro citas cinematográficas en Narón serán as seguintes. O 1 de outubro poderá verse Ed Wood, o día 8 Searching for sugar man, o 15 Radio encubierta (sobre a revolución das radios piratas en Inglaterra), e o día 22 o documental Desenterrando Sad Hill.