Bailaron a canción «Midas» de Tanxugueiras
11 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Entre flores, música e baile, máis de 300 rapaces e profesores de Neda celebraron este venres os Maios na feira de Albarón. Participaron os alumnos dos CEIP de Maciñeira e San Isidro, «nesta celebración tradicional coa que antigamente se despedía o inverno». Os rapaces botaron man da imaxinación para decorar con flores, fentos e outras plantas os troncos das árbores do espazo recreativo.
Segundo indican desde o Concello de Neda, «a presenza dunha árbore humana centrou todas as miradas da rapazada, que tivo ademais a ocasión de participar por idades en distintas actividades de baile, da man do centro UPA Un Paso Adelante».
Houbo o xogo da Carrasquiña, unha muiñeira tradicional e unha coreografía do tema Midas das Tanxugueiras. A merenda culminou cuns boliños preñados.