Ao remate sorteáronse produtos donados por establecementos comerciais e hostaleiros da localidade
18 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A sétima Andaina Solidaria de Neda xuntou este domingo a preto de 900 persoas e recadou 5.210 euros, destinados á Asociación Española contra o Cancro. O Concello organizou esta saída, á que se sumaron negocios e comercios locais, todos contra o cáncer.
A organización concedeu un premio especial ao grupo máis numeroso, que foi para Campionas da Vida, con 111 integrantes. A Canteira de Neda tamén levaba un detalle para corresponder o apoio recibido, como indican desde o Concello. Partiron ás once do albergue de peregrinos e percorreron cinco quilómetros.
O cantante Geno foi o mestre de cerimonias e sorteáronse agasallos cedidos por locais hostaleiros e comerciais: Estanco de Neda, Farmacias Portela, Panadería Santa Rita, Din&Don Narón, Covirán Celina, Bohéme, Centro de Fisioterapia Higea, Panadería La Gallega, Café Bar Albarón, Café Bar Chámalle como Queiras, Ventanas Covial, Fuente del Val, Electrodomésticos Antonio Pena e Lu Nails.