Pontedeume, Ortigueira e Neda propoñen un «Escape Room» por cada vila co proxecto XoGal
NEDA

A iniciativa foi impulsada por Seitura 22 e outros tres grupos de desenvolvemento rural
21 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Pontedeume, Ortigueira e Neda participan en XoGal, un proxecto de dinamización cultural e turística a partir do xogo impulsado por Seitura 22 e outros tres grupos de desenvolvemento rural (Montes e Vales Orientais, Terras de Miranda, Terra Chá), en alianza coa empresa galega Skeirrum, dirixida por mulleres do rural.
«Aproveitar a maxia e o encanto das vilas e transformalas en taboleiros do xogo». Esa é a base desta iniciativa, que ofrecerá experiencias de Escape Room (resolución de enigmas e probas) ao aire libre, «inspiradas e deseñadas coa mente posta na historia, a tradición e o patrimonio destas vilas», explicaron onte na presentación, en Vilalba. Son citas gratuítas, con inscrición a través da ligazón https://skeirrumtienda.com/xogal/
Basta con contar cun teléfono móbil coa batería cargada, conexión a internet e calzado cómodo. O 5 de setembro será a quenda de Pontedeume, «revivindo as Festas das Peras coma nunca antes»; o 19, Neda, «cunha viaxe polo tempo [...], o pan que conquistou a corte de Felipe II»; e o 11 de outubro, Ortigueira, «desde a Escola de Gaitas ao Festival Celta».