Neda aprende cociña vegana e a facer cabezudos

La Voz NEDA / LA VOZ

NEDA

Cocina vegana
Cocina vegana

O colectivo Piruchela impartirá os obradoiros

18 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Dentro da programación do colectivo Piruchela para Neda, iníciase un obradoiro de cabezudos de cara ao Samaín. A primeira parte será este sábado con Ánxela Pardo Vázquez, e a seguinte o día 25.

Ademais, os veciños poderán aprender cociña vegana a través doutro taller que se impartirá o día 26 con Chus Olivares.

A cita no local desta asociación cultural incluirá diferentes propostas veganas, degustacións e finalmente un xantar con todo o que prepararon os participantes.