
O director de Turismo de Galicia visitou a localidade para anunciar a actuación
06 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Turismo de Galicia financiará os 30.000 euros do custe estimado de abrir o Sendeiro de Devesos, para impulsar o turismo de natureza e patrimonial no municipio de Ortigueira.
A ruta partirá da antiga escola indiana, A Devesana, e seguirá ao longo de 7,4 quilómetros para rematar na fervenza de Lombao. En percorrer a senda tardaranse unhas tres horas.
Pasa pola igrexa de San Sebastián de Devesos, a serra da Panda, o santuario de Santa María de Portas e o muíño de Lombao.