
Xubilouse o 28 de decembro de 2023, logo de 33 anos como bibliotecario na vila eumesa
20 feb 2025 . Actualizado a las 00:11 h.Alexandre Caínzos (Nogueirosa, Pontedeume, 1956) criouse entre Narón, Canido (Ferrol) e, sobre todo, Eirís (Cabanas). E acabou retornando a Pontedeume, como bibliotecario. Alí botou 33 anos, ata o 2 de decembro de 2023, cando se xubilou. En setembro do ano pasado, o Concello eumés acordou distinguilo coa Medalla ao Mérito Cultural, que recibirá este venres, ás oito da tarde, nun acto que terá lugar na Casa da Cultura.
«É un recoñecemento moi merecido polo seu traballo incansable e a súa dedicación para facer que a nosa biblioteca sexa un referente da cultura local. É un honor para nós renderlle homenaxe nun evento tan significativo», subliñou o alcalde, Bernardo Fernández.
O rexedor convida a toda a veciñanza a acudir a esta homenaxe, «polo traballo e compromiso de Caínzos co fomento da lectura e a cultura local».