Richi Casás trae os cantares da súa avoa e a madriña a Pontedeume

LA VOZ PONTEDEUME

PONTEDEUME

ANA GARCÍA

O Ateneo Fernán Martís organiza o concerto que terá lugar este venres, día 9 de maio, na Casa da Cultura

08 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Richi Casás trae este venres á vila eumesa os cantares e a historia da súa avoa, Rosa Casás Rama, e a súa madriña e tía, Adolfina, dous dos nomes propios aos que se lles rende homenaxe este ano no Día das Letras Galegas.

O Ateneo Fernán Martís organiza este acto, dentro do ciclo de concertos ilustrados. Terá lugar na Casa da Cultura de Pontedeume, ás 19.30 horas, coa colaboración do Concello e a Deputación da Coruña.

Richi Casás, cunha variada formación musical, foi gaiteiro, músico de orquestra (por exemplo, en Los Satélites) e integrante de banda Xangai.