Cantos de taberna en Pontedeume, con artesanía, concurso de bailes agarrados e moita música

LA VOZ PONTEDEUME

PONTEDEUME

Faíscas da Pontraga dará un concerto esta noite
Faíscas da Pontraga dará un concerto esta noite CEDIDA

Faíscas da Pontraga e Zurrumalla actuarán a noite deste sábado na Alameda de Raxoi

24 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A sétima edición dos Cantos de Taberna que organiza Airiños do Eume arrincou onte e segue hoxe desde as 11.00, coa apertura do mercado de artesanía e alimentación na Alameda de Raxoi, en Pontedeume. Logo virá o primeiro pase dos cantos polas tabernas do casco histórico.

Despois, ás sete da tarde, será o xantar dos grupos participantes e o segundo pase de cantos de taberna. E a partir das dez e media, celebrarase o concurso de agarrados, unha das citas máis esperadas deste evento.

Todo rematará con música, co concerto de Faíscas da Pontraga e Zurrumalla. Cé Orquestra Pantasma pechou a xornada do venres, na que tamén actuaron as Escolas de Airiños do Eume e a agrupación Os Feroces da Galgueira.