O sétimo Castelo Folk propón música e baile ao pé da fortaleza de Andrade, en Pontedeume, este sábado

LA VOZ PONTEDEUME

PONTEDEUME

JOSE PARDO

Xente de Aquí e de Acolá é o colectivo da parroquia de Nogueirosa que organiza a cita

07 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Xente de Aquí e de Acolá é o colectivo da parroquia de Nogueirosa que organiza o Castelo Folk, co Concello de Pontedeume. A sétima edición celébrase este sábado, desde as once da mañá, cunha exposición de artesanía e alboradas con A Requinta da Laxeira.

Logo haberá xogos tradicionais e xantar, obradoiros artesanais cos máis pequenos e máis xogos. A foliada aberta e o obradoiro de baile comezarán ás cinco da tarde, e ás sete, a actriz, hostaleira e escritora Carmen Blanco lerá o pregón.

Logo tocarán Cantareiras Algarabía de Lago (19.30 horas), Os Carecos (20.30) e A Requinta da Laxeira (22.00). Hai tres buses desde a vila e tamén aparcadoiro.