Último día para enviar fotografías polo Día das Mulleres Rurais en San Sadurniño
SAN SADURNIÑO
SAN SADURNIÑO
O Concello organiza unha exposición, que se inaugurará o día 15 de outubro
08 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Este martes, 8 de outubro, remata o prazo para enviar imaxes para a exposición que prepara o Concello de San Sadurniño arredor do Día Internacional das Mulleres Rurais.
É parte dos actos promovidos pola área de Igualdade, que comezarán o día 15 coa estrea dun novo capítulo das conversas en vídeo «Falando sen cancelas», e coa apertura da mostra fotográfica «Historias das nosas: arando na memoria».
Hai que enviar as fotos ao correo oriana.lopez@sansadurnino.gal, cun título e cunha breve descrición do seu contido.