Bandeira Verde para Ares e San Sadurniño

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

Moncho Fuentes

Dos dous dos concellos que reciben o distintivo da Consellería de Medio Ambiente este ano por vez primeira

20 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Os concellos de Ares e San Sadurniño xa teñen a súa Bandeira Verde, o distintivo que concede a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático desde 2020 «para recoñecer o seu compromiso medioambiental e as boas prácticas desenvolvidas no eido do coidado da paisaxe e da súa contorna».

A titular do departamento autonómico, Ángeles Vázquez, animounos a «seguir por ese camiño» no acto de entrega das enseñas, que tivo lugar o venres en Caión.

En representación do Concello de San Sadurniño acudiron o alcalde, Secundino García, e o concelleiro de Desenvolvemento Local, Manolo Varela; e a concelleira de Medio Ambiente, Lucía Blanco, foi a encargada de recoller a bandeira de Ares.