O Chanfaina Lab de San Sadurniño outorgará o premio honorífico Bernardino de Lamas, na honra do ferrolán Alfonso Piñón Teixido

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

Rodaxe dunha das curtas que se fimaron en setembro no municipio
Rodaxe dunha das curtas que se fimaron en setembro no municipio LEANDRO PAZ

O primeiro galardoado será o realizador, escritor e profesor ourensán Alberte Pagán, o día 15, na gala na que se proxectarán as películas filmadas en setembro

07 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Bernardino de Lamas, un dos pseudónimos do articulista Alfonso Piñón Teixido (Ferrol, 1887-Madrid, 1973), dará nome ao galardón honorífico que outorgará o Chanfaina Lab de San Sadurniño por primeira vez este ano. Será o día 15, na gala na que se proxectarán as películas gravadas na última fin de semana de setembro polos participantes no certame audiovisual. O primeiro premiado será o realizador, escritor e profesor ourensán Alberte Pagán, segundo o Concello, organizador.

Alfonso Piñón Teixido, cineasta amador, filmou case 300 bobinas, das que se conservan 90
Alfonso Piñón Teixido, cineasta amador, filmou case 300 bobinas, das que se conservan 90

Piñón Teixido foi «escritor, membro do Partido Galeguista e amante da paisaxe, especialmente da do val de Lamas», explican. De aí lle vén o nome de Bernardino de Lamas, que intercalou co alcume Luis de Narahío. Del destacan a faceta de promotor cultural —«foi o principal impulsor do monumento ao camiñante descoñecido, en Barallobre»— e a cineísta, xa que «filmou case 300 bobinas cinematográficas nas viaxes por Galicia entre 1924 e 1935».

Consérvanse 90, de excursións, romarías ou procesións, «cun grande valor patrimonial, etnográfico e histórico», subliña Manolo González, profesor e artífice do Chanfaina Lab, e autor da biografía de Piñón, «a piques de publicarse». «É un exemplo do cineasta amador que filmaba sen intencionalidade documental, só para conservar o momento e revivilo», recalcan. «A súa figura conecta por esta razón coa esencia do Chanfaina Lab, como encontro que foxe das estruturas e formas narrativas da industria, pero tamén pola súa vinculación con Lamas, o Pico de Ferreira e Naraío, que Piñón consideraba o seu «país» de adopción», remarcan desde o Concello.

Da última edición do Chanfaina Lab saíron .