Presentación do Festival Río Castro, hoxe cos Cantaberneiros en San Sadurniño
SAN SADURNIÑO
SAN SADURNIÑO

Será no Bar O Campo, en Naraío, cun compionato dos chinos
31 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Os Cantaberneiros animarán a presentación da trixésima edición do Festival do Río Castro de Naraío, hoxe, no Bar O Campo, en Piñeiro. É un dos grandes festivais da comarca, en San Sadurniño.
A cita comezará á unha da tarde, co campionato dos chinos, xogo típico da taberna. Logo virá a actuación do grupo de música tradicional.
A Asociación Veciñal O Castelo de Narahío organiza este acto e máis o festival (o 5 de xullo), con apoio do Concello de San Sadurniño. Convidan a cantar e bailar e sortearán a unha lámina de Juanlu Nacha.