A Fusquenlla participa no Coworking Fest cunha xornada de portas abertas en Moeche e un faladoiro en San Sadurniño
SAN SADURNIÑO
SAN SADURNIÑO

A primeira actividade será o día 16, na sede do proxecto, e a outra, o 18, na Casa da Cultura
13 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O proxecto A Fusquenlla participa no Coworking Fest que promove a Deputación. O 16 (de 9.30 a 13.30 horas) haberá unha xornada de portas abertas no centro, en Moeche.
E o día 18 pola tarde, un faladoiro sobre emprendemento, na Casa da Cultura de San Sadurniño, con demostración culinaria. A participación é gratuíta, previa inscrición na web municipal.
O encontro estará moderado por Oriana López Castiñeira, técnica municipal de Igualdade de San Sadurniño, e contará coa participación de Remedios Hernández Adeba, Cynthia Arias Ramil e Sonia Rodríguez del Valle.
Estas tres produtoras da Fusquenlla compartirán as súas experiencias vitais e profesionais relacionadas co proxecto do que forman parte varios concellos.