O Concello promove a obra, por 27.500 euros
24 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A restauración do lavadoiro da Castiñeira, en Ferreira, custará 27.500 euros. O Concello de San Sadurniño promove as obras que comezaron hai uns días nesta construción dun seis metros de longo por 5,5 de ancho.
«Era o mellor e máis moderno que había a finais dos anos cincuenta», indican fontes municipais. «Na súa pía central, onde se pode lavar por tres dos lados, aínda se conservan dúas grandes pezas de cantaría en toelo e, ademais, no chan aínda hai varios pasos feitos con grandes lousóns que permiten acceder ao recinto e traballar nel sen medo a mollar os pés», engaden.
O Concello de San Sadurniño conta cunha axuda de 20.000 euros do Instituto de Estudos do Territorio para custear esta actuación, dentro da liña dirixia á corrección do impacto paisaxístico