San Sadurniño organiza encontros informativos e reparte 190 composteiros para a xestión doméstica do lixo
SAN SADURNIÑO
SAN SADURNIÑO
O Concello non implantará o colector marrón
06 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.San Sadurniño non implantará o colector marrón e aposta pola xestión doméstica do lixo, «como unha solución máis sostible, que require o máximo compromiso veciñal para que teña éxito».
O Concello entregará 190 composteiros de 400 litros (xa se poden solicitar chamando ao 981 490 027 ou no formulario da web). Fará xuntanzas informativas sobre o tema nas parroquias. As primeiras serán o día 10, ás 19.30 horas, na Casa da Xuventude; e o 13, á mesma hora, no local social do Camiño Arriba.
A campaña tamén inclúe obradoiros no CPI de San Sadurniño. O gobierno local recorda que en moitas casas do municipio xa levan anos poñendo en práctica a compostaxe.