1. O seu mellor momento para a lectura. Á noitiña, cando apenas hai ruído na rúa.
2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Non sigo ningunha norma específica, simplemente intercambio libros con outros lectores.
3. Que lle achega a lectura?Achégame moitas cousas pero sobre todo pracer e diversión.
4. Os seus libros favoritos. As confesións de Carlota Doyle, e As lágrimas de Shiva.
5. Un xénero literario. Narrativa
6. Un personaxe e un espazo literario. A Señorita Doyle, en As confesións de Carlota Doyle; e o barco Seahwak, do mesmo libro.
7. Que está a ler agora? O Príncipe da Brétema, de Carlos Ruiz Zafón.
8. Un autor en galego e outro noutra lingua. En galego, Agustín Fernández Paz; e noutra lingua, Laura Gallego.
9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Gústame facer deporte e tamén a música, escoitala e tamén tocar algún instrumento.
10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. Sen dúbida, toda a zona da praia do Vilar e da lagoa de Vixán.