O encontro abre a Ruta do Talento con Moncho Fernández e Javier Gutiérrez

La Voz

FIRMAS

30 jul 2013 . Actualizado a las 06:00 h.

O Festival de Artes Escénicas de Riós inclúe no seu programa para o día 2, a partires das 19.00 horas, a estrea de A última viaxe do afiador, a pre-estrea da webserie Clases de lo social, a proxección do documental Caravana Vilamor: historia dunha promoción e a presentación dos proxectos A historia dun satélite, Rafael e a nau que o pariu, Calíope en el camino e Las Brujas de E?Lente. Os concertos do venres correrán a cargo de Daniel Minimalia e DJ Yomelo.

O sábado, ás 12.30 horas, o certame inaugurará a Ruta do Talento, adicando as primeiras árbores da mesma ao actor Javier Gutiérrez e ao adestrador de baloncesto Moncho Fernández. As 16.30 horas xogarase un partido benéfico e na gala de peche do festival, a partir das 21.30 horas, participarán Robert Ramírez, Rosa Cedrón, Malvela, Tony Lomba e Pepo Suevos.