«Gústame a auténtica empanada, a ben feita»

n. corzo / P. V.

FIRMAS

XOAN CARLOS GIL

17 ago 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A coñecida actriz, presentadora e vocalista da banda de rockabilly «Teté y los ciclones» non está segura de ter estado na Bandeira en anteriores ocasións, pero o que si que sabe con certeza é que «o pregón da Festa da Empanada é a primeira vez que o dou».

- ¿Ten algunha relación coa Bandeira que condicionara o feito de converterse en pregoeira desta edición da empanada?

- ¿Estivo xa algunha vez na Bandeira ou é a primeira vez que visita a zona?

-Pois a verdade é que non sei moi ben se estiven xa algunha vez antes. Visito tantos lugares que me acabo perdendo. Pero tendo en conta que aquí viven os meus amigos e que solemos visitarnos cada pouco tempo para comentar os proxectos que temos en mente, dubido moito que non estivera xa por aquí visitándoos.

- E... ¿gústalle a empanada?

- ¿Cal é a súa favorita?

- ¿Cal é o primeiro recordo que ten deste manxar?

- ¿Pero gústalle facela ou prefire comela?

- ¿Como se sente sabendo que os anteriores pregoeiros foron grandes personalidades en diferentes eidos profesionais?

- ¿Que proxectos ten actualmente en marcha?

- Por último, ¿que mensaxe vai mandar no pregón?

Dende Amigos da Empanada destacan a implicación de Delgado coa festa dende que lle propuxeron ser pregoeira. Non dubidou en quedarse a participar na cea e pasar a noite na Bandeira. «Díxonos que tiña moitas ganas de vir e mostrou moito interese pola festa», explicou o seup presidente, Diego Cuíña.

implicación

Teté Delgado ofrecerá o pregón na Bandeira. FOTO Ana prado

-A verdade é que lazos familiares non teño nin coa Bandeira nin coa comarca de Deza, pero os profesores do grupo de baile local Xirandola son moi amigos meus, non sei se eles tiveron algunha influencia nisto ...

-Si. Gústame moito, sempre que estea ben feita. Encántame a auténtica empanada galega pero ten que estar ben feita, no seu punto. Xa sei que isto é bastante difícil de conseguir porque todos temos gustos particulares.

-Podo dicir que teño debilidade pola de bacallau con pasas, pero non descarto ningunha, menos a de atún, que non me fai moita graza.

-Os primeiros recordos téñoos en Malpica, no pobo de meu pai onde vivín bastante tempo. O dono do Forno Novo de Malpica sempre dicía que «a empanada realmente é de cebola, o resto é opcional»; sen embargo, a empanada máis rica que comín era de alí. As da Bandeira non as probei nunca, pero de hoxe espero que non pase, se non sería unha vergoña.

-Nunca fixen ningunha. Se son sincera, hai receitas que prefiro non sabelas facer. Prefiro non ter o segredo do engorde da miña man. Cando cociño acostumo facer cousas á prancha ou con poucas calorías; as cousas que engordan déixoas para cando ando por aí.

-Na miña modestia considero que malo será que non me saia algo ben feito. Soamente sentín presión unha vez, na Festa do Marisco de O Grove, xa que antes de empezar me dixeron que todos os anteriores pregoeiros foran grandes intelectuais e solo dúas foran mulleres. Pero hoxe non sinto presión, a xente vente ver porque lles caes ben e simpática; todos saben que son actriz e cantante, non creo que esperen nada especial.

-Como todo o mundo sabe, na actualidade hai bastante pouco traballo e sobre todo no audiovisual. Fago castings para series que se quedan no camiño e non saen adiante. Estou vivindo en Galicia e centrada no novo disco que vai sacar en setembro o grupo musical de rockabilly na que estou de vocalista. A banda chámase «Teté y los ciclones», levamos mais de catro anos xuntos e facemos bolos por España para darnos a coñecer. A ver se co disco nos promocionamos e nos chaman de máis sitios, aínda que o rockabilly en España segue sendo bastante descoñecido a día de hoxe, non o consideran un estilo de música, senón un estilo propio e unha forma de cantar.

-Nun pregón o que se fai normalmente é un ensalzamento do produto e unha arenga á festa, polo que eu farei algo divertido tendo en conta estes puntos clave.