«A política non ten que ser para toda a vida nin a calquera precio»

p. seoane OURENSE / LA VOZ

FIRMAS

Rosendo Fernández di que ten que preocuparse por traballar e non por tentar recuncar.
Rosendo Fernández di que ten que preocuparse por traballar e non por tentar recuncar. pablo araújo< / span>

O político popular di que non darán un cheque en branco co PXOM

06 oct 2013 . Actualizado a las 06:00 h.

Rosendo Fernández, o portavoz municipal do PP en Ourense, encara o novo curso político, a segunda etapa do mandato da corporación local, «con afán construtivo», sen perder de vista o que ocorre nos xulgados e convencido de que «a xestión do Concello está bloqueada, en estado comatoso».

-¿Do mandato desta corporación municipal quedará o PXOM?

-Imos ter altura de miras, e sentido de responsabilidade. Tén que adaptarse ás necesidades dos ourensáns. Non pode ser o plan dunha concelleira, como é ata o de agora.

-¿Que é ter altura de miras?

-Partindo de que a concelleira nos trata de especuladores, eu teño que dicir que a especulación só existe dende o descoñecemento. Se a sociedade civil coñece o plan, non hai lugar á especulación. Nós votaremos con quen faga falta, sempre que o PXOM sexa dos ourensáns, un plan adaptado ás necesidades de Ourense. E se coicidimos coa posición doutros partidos, non temos problema. O que non imos facer é dar un cheque en branco, aínda que saibamos que é preciso aprobalo rápido.

-¿Non ve un pouco subido o tono do debate municipal?

-Non se debe confundir tensión con contundencia. Aquí non se levantou un concelleiro para provocar a outro, ou para darlle un zapatazo. Hai contudencia, acepto iso, pero dentro dos límites normais. Rexeito que haxa liortas.

-¿Ten a sensación de que son vostedes contra todos?

-Os grupos políticos, tanto o BNG coma o PSOE, pensan nas súas siglas máis que na cidade. Teñen un punto de desconfianza, ou de vergoña, á hora de facer causa común e defender os intereses dos ourensáns, que deberían estar por riba de intereses partidistas ou partidarios.

-¿Por que se foi Guillermo Collarte do seu grupo?

-Viu que lle resultaba difícil compatibilizar os traballos de concelleiro e deputado, e decidiu renunciar. Foi cousa súa.

-¿Vese vostede para continuar?

-Teño un mandato dos ourensáns e vou rematalo. ¿Que se vou ser candidato? Decidirano os órganos do partido. Non é cousa de que queira eu ou non. Os cidadáns non perdonarían que estivera preocupado diso e non dos problemas reais. Eu o que teño que facer é adicar as vintecatro horas do día a pensar nas cousas do Concello, non en recuncar. O PP ten moitas persoas ben e suficientemente preparadas. O importante é que polo ben desta cidade o PP recupere a alcaldía de Ourense.

-Pero vostede é consciente de que xa o retiran de circulación en moitos mentideiros...

-¿Que sería da política sen tertulias? A política non ten que ser para toda a vida nin a calquer precio. Nunca plantexaría o máis mínimo problema.

-¿Como ve o novo curso?

-Mal. Vivimos do pasado, sen xestión, aínda que con moito movemento nos xulgados.

-Se todos os grupos municipais queren unha nova Relación de Postos de Traballo (RPT), ¿por que non se fai dunha vez?

-Iso habería que preguntarllo a eles. Teñen medo. Estanlle vindo mal dadas a nivel xudicial e non saben por onde andan. O único que intentan é quedar ben coas súas siglas.

-¿Cre que o PSOE debería contar máis con vostedes?

-Son moitas cousas as que saíron gracias a nós. Tivemos que facer actos de responsabilidade. Eles só nos chaman para chambonadas. Para os asuntos serios non o fan, e así nos luce o pelo.

rosendo fernández portavoz do pp no concello de ourense