«Nas bibliotecas, con moi poucos medios faise moito»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA FOZ / LA VOZ

FIRMAS

Chus Álvarez é a bibliotecaria municipal de Foz.
Chus Álvarez é a bibliotecaria municipal de Foz. xaime f. ramallal < / span>

Hoxe é o Día das Bibliotecas, unha excelente ocasión para visitalas

24 oct 2013 . Actualizado a las 09:31 h.

Chus Álvarez (San Martiño-Foz, 1968), encargada da Biblioteca Pública Municipal de Foz, preside tamén a Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia e hoxe, Día das Bibliotecas, é unha xornada perfecta para loar o traballo que fan, día a día, moi diverso.

-¿Está pouco valorado?

-Está. Ademáis, a afluencia de usuarios é cada vez maior tanto nos servizos de préstamo como nos de Internet e novas tecnoloxías, asi como nos de información á comunidade relativos a emprego e xuventude. Incrementouse a actividade e as persoas que a fan posible seguen sendo as mesmas, no 70 % das bibliotecas municipais só hai un traballador. En Foz, por exemplo, estou eu soa. Levo 15 anos. Quero darlle a noraboa a todos os bibliotecarios municipais polas ofertas culturais que fan no seu concello e que en moitos casos son as únicas programacións culturais que hai. Con moi poucos medios faise moito. Nós celebraremos o día 25 este Día Internacional das Bibliotecas.

-¿Cantos socios teñen agora e, sobre todo, subiron os infantís?

-En total a biblioteca focense ten 1.514 socios individuais. Os infantís aumentaron moito. Por outro lado, incrementouse o servizo de préstamo de libros pero tamén de cedés e deuvedés, que é todo un éxito.

-¿Con cantos fondos contan?

-Na de Foz hai uns 11.000 libros, material audiovisual e tamén en formato VHS aínda.

-¿Que fai un bibliotecario, a parte de catalogar libros, regular préstamos ou pedir ?silencio??

-O do ?silencio? xa non é. Se supón que son centros vivos, pero tampouco salas de estudo, senón centros de información. Se hai unha actividade infantil ou visita dun autor prevalece antes de que sexa unha sala de estudo. O primeiro é o acceso á información. A maiores, o bibliotecario ten que catalogar todos os fondos, rexistrar, clasificar, atender o servizo de Internet, dar información, programar actividades e de fomento da lectura ou atender ao público e cuns horarios que na maioría dos casos son de mañá e tarde. A maioría dos que nos dedicamos a isto é por vocación porque é moi dificil aguantar o nivel de actividade, sobre todo cando se quere facer ben, e pertenecemos á Administración local.

-¿Algunha anécdota?

-Temos un sector de poboación de xente ao que lle gusta ler, veñen e, ás veces, nós temos que facer de psicólogos...

-¿Que supoñen os libros?

-Son unha axuda fundamental porque a lectura fai a cidadáns críticos e autosuficientes, axuda a pensar por si mesmos. As bibliotecas tamén evolucionaron moito. En xaneiro intentarase incorporar o libro electrónico. Eu persoalmente prefiro o de papel, pero recoñezo que poden convivir os dous perfectamente. -Por curiosidade, ¿cal é agora o seu libro de mesilla?

-El héroe discreto, de Mario Vargas Llosa. É incríble.