Sen esquecernos de Antón Losada Diéguez...

Patricia Torres

FIRMAS

13 may 2014 . Actualizado a las 06:00 h.

Sen esquecernos de Antón Losada Diéguez» así ou con outras palabras aparece en moitos textos que falan sobre a Xeracións Nós referencias a figura deste escritor, filósofo e político de Moldes. Quizais pola súa temperá morte, con 45 anos, a figura de Antón Losada Diéguez pasa para moitos desapercibida... tanto é así que a pesares do seu papel fundamental na creación da Xeración Nós, na ensinanza en xeral non se fala del, simplemente se nomea e nalgúns caso nin iso. Pero cal foi o papel de Losada Diéguez en prol da cultura e da literatura galega? Sen dúbida algunha foi fundamental, mesmo se lle coñece como o «guiero» da xeración Nós. A pesar de que a súa obra literaria non foi moi extensa hai un texto de interesante relevancia como Ouservacións en prol da prosa galega, co que contribuiu e incitiou a modernización deste xénero tratando de achegala as correntes europeas daquela época tales como o expresionismo alemán, recollido nos textos de Vicente Risco, o xénero do esperpento de Valle Inclán, ou a filosofía centrada na intuición defendida e impulsada polo premio Nobel de literatura, Henri Berson.

E a nivel político? Contribuíu xunto cos irmáns Antón e Ramón Villar Ponte a modernización do ideario galeguista transformando esta mesma nunha corrente nacionalista inspirada nas ideas do intelectural vasco Sabino Arana dende unha perspectiva liberal-conservadora. En definitiva e a pesares de que cada ano se lembra cun premio literario na súa honra, dotado de 12.000 euros sendo o Premio Planeta galego, pido que non deixemos de lembrar a Losada Diéguez porque a súa contribución a cultura galega foi grande, a súa achega ao galeguismo inmenso e o seu amor a terra incalculable.