
Presenta hoxe «Poesía galega completa de Xosé María Díaz Castro» no Seminario de Mondoñedo onde estudou o autor
14 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.Díaz Castro volve ao Seminario Santa Catalina de Mondoñedo onde estudou. Máis ben indirectamente porque a obra do último escritor homenaxeado das Letras Galegas enche as páxinas de Poesía galega completa de Xosé María Díaz Castro. O seu autor, Armando Requeixo, presenta hoxe alí ás 20.00 esta obra. O grupo 2naFronteira porá a música en Zapatiños para Díaz Castro.
-No 2015 seguen os actos que xiran en torno a Díaz Castro.
-Precisamente unha das diferencias destas Letras Galegas con respecto a outras é que, por primeira vez, o ano Díaz Castro é un ano enteiro cando antes eran máis cursos que anos. Aínda hai eventos este mes e o mes que ven. A exposición Nimbos de luz está circulando, o día 11 a Real Academia Galega celebrará o simposio, no meu caso edito todo o epistolario que publica Galaxia e que sairá agora... Realmente foi un ano moi fértil na recuperación do autor.
-Fale do libro que presenta.
-Tamén o publicou Galaxia e patrocinou a Deputación. A presentación faime moita ilusión. Vai ser bonita. Díaz Castro volta, a través da palabra, á cidade. Naceu en Guitiriz pero el é un produto mindoniense porque estudou no Seminario. Facer que regrese é como unha especie de volta do fillo literario á súa casa. Ademáis, moitos poemas da súa primeira época, en galego, que publicou os fixo sendo alumno do Seminario e estando alí redactou os primeiros cadernos de poesía que deixou, inéditos, e que se están recuperando. Eu tamén busquei alí e un sempre procura que a recopilación da poesía sexa o máis completa posible (...) É sentar as bases da obra para estudosos presentes e futuros, que teñan o 90% da súa escrita para as novas promocións e no futuro poidan ler a Díaz Castro.