«Cando debuxo, sinto que son de verdade»

FUGAS

Marcos Viso

Viso confesa que a súa filla foi a «culpable» de que se dedicase á ilustración

16 dic 2016 . Actualizado a las 06:00 h.

MARCOS VISO

OURENSE, 1973

FINALISTA DO PREMIO “EL COMIENZO” DEL 1º ENCUENTRO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN DE VALLADOLID 2015

WEB: www.marcosvisoilustracion.com

1 Quen foi o causante de que te dedicases á ilustración?

A miña filla. Ser pai foi un momento de importantes reflexions.

 

2 Que sentes cando estas a debuxar?

Que son de verdade.

 

3 Un comentario sobre o teu traballo que che gustase?

Alguén díxome unha vez que eu era o ilustrador da melancolía. Gustoume moito.

 

4 Que é o que máis che gusta de ser ilustrador?

O proceso creativo, a sensación de reinventarme, de coñecerme un pouquiño máis en cada proxecto que levo adiante.

 

5 E o que menos?

Que algúns editores nos quiten das cubertas dos libros. Os ilustradores somos autores de significado e significante. Ter que lembrar isto é frustrante.

 

6 Cal é para ti o mellor ilustrador da historia?

Edward Hopper.

 

7 Un ilustrador emerxente ao que seguirlle a pista?

Non sei se é emerxente pero destacaría a Lucía Cobo.

 

8 Unha escena dunha película?

A danza dunha bolsa de plástico en “American Beauty” ao compás da música de Thomas Newman.

9 De que cor non poderías prescindir nunca?

Do gris.

 

10 Hai algo que non che guste debuxar?

As armas que matan.

 

11 Como sabes que unha ilustración está rematada?

Nunca me parecen tal.