Nin unha pandemia pode co humor teatral do Morrazo

Iago García
Iago García REDACCIÓN | LA VOZ

FUGAS

14 obras, sete no auditorio e outras tantas na rúa, acolle a Mostra de Teatro de Cangas do 9 ao 18 de xullo
14 obras, sete no auditorio e outras tantas na rúa, acolle a Mostra de Teatro de Cangas do 9 ao 18 de xullo

A Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas estrea a nova vida das artes escénicas cunha comicidade «máis necesaria ca nunca»

03 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Trinta e sete anos de traxectoria non ía paralos unha pandemia mundial. «Recoñecendo todo o que pasou e sen minimizalo, pero tentando ao mesmo tempo mirar cara adiante e axudar a esbozar un sorriso, cómpre máis ca nunca a comicidade e o ton festivo da nosa mostra internacional». Así fala, estreando a «nova normalidade», tamén para o mundo das artes escénicas, María Armesto, a directora artística e polo tanto responsable da escolla das obras e actos programados. Unha edición ben diferente polo contexto no que se celebra, «boa parte do orzamento vaise en tarefas de desinfección despois de cada actuación» -recoñece-, pero que non esquece a súa raigame. O impacto do coronavirus, escaso nestes momento en comparación co vivido durante o estado de alarma, vai permitir manter a data de celebración: do 9 ao 18 deste mes en Cangas. Hai preto de catro décadas un grupo de docentes da vila decidía lanzar un festival cómico para darlle a benvida ao verán. Só podían gozar del se o facían coincidir coas súas vacacións. Despois, xa cando se achegaba o outono ían pensando na seguinte edición. Así, foron sumando unha tras outra, contando tamén co apoio da asociación cultural Xiria, o concello e Teatro de Ningures, a compañía anfitrioa e residente. «Somos a mostra de teatro máis antiga que se celebra en Galicia de forma continuada», engade Armesto. A de Ribadavia, apuntarán ben algúns, empezou antes, mais é esta a que nunca faltou a súa cita con profesionais e afeccionados. Mesmo neste tempo de incertidume entre contados rebrotes víricos, de agardar por unha vacina, de máscara e xel hidroalcólico. Ribadavia leva a fama, e Cangas leva as risas.

Comedia no sentido máis amplo

E con que imos rir nesta ocasión? Pois hai unha oferta, como adoita dicirse, para todos os públicos e con múltiples opcións: auditorio ou rúa, comedia dramática ou humor xestual; combinado con obradoiros de dramaturxia e mesmo unha exposición de Luz Beloso, ilustradora e profesora de artes gráficas. «Cando en marzo o coronavirus fíxose tan patente tivemos un profundo debate na organización, pero sempre quixemos facelo desta forma, implicando ao público con actividades paralelas. Pero sobre todo había que mantelo por responsabilidade co sector cultural, que prepara con esforzo as súas obras e ten un traballo ocasional que precisa de espazos de representación», apunta a directora da mostra. Precisábano os portugueses da Companhia do Chapitô, os italianos do Circo Carpa Diem e os nacionais Primital Brothers. Citamos a estes tres porque as súas obras, Napoleão ou o complexo de épico, The Primital Brothers e Dolce Salato supoñen estreas en Galicia. Estreas por partida dobre, porque este vai ser un dos primeiros festivais teatrais que vai poder celebrarse, ou polo seu carácter mais ben festexarse, trala crise sanitaria do covid-19.

Unha pregoeira ad hoc

Toda festa, ten un pregón. Todo pregón é un texto. E se ese é o xermolo había que escoller quen o interpretase. Esa suma da como resultado unha contadora de historias e Paula Carballeira é un referente (quizais o outro en Galicia sexa Quico Cadaval, que por certo leva na edición deste ano o premio Xiria á labor teatral). A de Fene, que xa ten colaborado cos cangueses Teatro de Ningures elaborando textos das súas obras, tirando de tópico, «volve a casa». Aínda que esta vez, e tendo en conta que Paula regresou a Galicia catro días antes de declararse o estado de alarma -participaba en Costa Rica nun festival de narración oral-, poderíase dicir que a realidade superou a calquera ficción.

«Faime moita ilusión nestes momentos ser a pregoeira». Con nestes momentos, refírese a que, se algo sacamos en claro do confinamento, é que aínda habendo libros ou recorrendo ao audiovisual, un decátase de que «o arte do aquí e o agora», a escea, só podes gozala in situ nun teatro. Así que Paula será a que coma tantas veces fixo, contará unha historia ao público, con esa oralidade que permitiu manter viva a nosa lingua e tradicións. Tan soa no escenario como arroupada no patio de butacas. Así o público, que temeu coa posibilidade de non poder gozar coas obras previstas, fará tremer o auditorio con aplausos. A normalidade era isto. E Cangas segue a ser isto. Porque o coronavirus foi un dos capítulos mais escuros dos últimos tempos, pero esta é unha vila mariñeira na que o humor se impón. Contra vento e marea.

Axenda ateigada: nove días de actos

Ás estreas internacionais súmanse dez espectáculos galegos, dos cales catro veranse por primeira vez na localidade: O Monte das Aras, de Teatro de Ningures; Hell Brothers, por CirKompacto; PYKA, por Cinema Sticado, e As boas actrices, pola Compañía 3. Ademais das obras ao aire libre, que permitirán manter a distancia social, levarase a cabo a xornada Mulleres en Acción, desta volta titulada Fenda laboral das profesionais das artes escénicas e audiovisuais.Mercedes Oliveira, educadora sexual con perspectiva de xénero, será a galardoada.

Adri Soto, en el centro y en la fila superior, conforma junto a Íñigo García, Pedro Herrero y Manu Pilas los «Primital Brothers»
Adri Soto, en el centro y en la fila superior, conforma junto a Íñigo García, Pedro Herrero y Manu Pilas los «Primital Brothers»

Adri Soto, actor en The Primitals: «Después de cuatro meses los primeros bolos que tenemos son en Galicia»

Adri Soto, Íñigo García, Pedro Herrero y Manu Pilas son los Primital Brothers. Detrás de este concepto que juega a conectar con el público a través de sonidos onomatopéyicos figura el músico y compositor bilbaíno Santi Ibarretxe. Y en esta obra, en la que cuatro guerreros tribales cuentan su historia con un idioma inventado que recuerda al de Los Minions y la cantan además a capela, se han aliado con Yllana, referente en España del teatro gestual.

-La obra está a punto de cumplir su quinta temporada y aún no había sido estrenada en Galicia

Sí, es curioso, pero a la vez fíjate lo que son las cosas. Después de cuatro meses de parón absoluto, ahora los primeros bolos que tenemos son en Galicia. Ayer tuvimos un concierto en el Náutico de San Vicente y el viernes 17 estrenamos nuestra obra más longeva y querida.

-Gestualidad, canto a capela, repertorio con canciones icónicas de múltiples géneros... Mucha actividad, ¿no?

En 2016, cuando pospusimos el estreno hasta tres veces, no éramos conscientes de que quizás se nos había ido de las manos... Es un gran esfuerzo físico y mental durante una hora y media en la que los cuatro no paramos de actuar, incluso fuera de escena: a lo mejor nos estamos cambiando de vestuario y seguimos cantando porque al ser la obra a capela somos a la vez toda la parte musical. El público reconoce este trabajo.

-Soléis interactuar durante la obra con el público ¿seguirá siendo así?

Es una preocupación y un reto para una obra como la nuestra, coproducida junto a Yllana, compañía que tiene como seña de identidad la participación con los asistentes. Estamos ensayando la adaptación a esta nueva realidad para que las representaciones no pierdan calidad. En todo caso, la magia de un teatro es insustituíble.

*Consulta aquí el programa al completo de la XXXVII Mostra de Teatro de Cangas.