Iago García
Iago García
Iago García

(1984) Comunicador Audiovisual. Guionista & Periodista

(1984) Comunicador Audiovisual. Guionista & Periodista

Últimos artículos publicados

08 abr 2025

María del Mar Tomás, en «De 0 a 100»: «Resensibilizamos a las bacterias para que los antibióticos sean más efectivos»

A microbióloga e investigadora do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC), compartiu con alumnos do IES de Monelos da cidade herculina os seus coñecementos sobre a cada vez máis frecuente resistencia das bacterias aos tratamentos no progama que La Voz realiza en colaboración coa Consellería de Educación. 
Tomás, nada en Granada, pero vinculada con Galicia a nivel profesional, lidera un grupo investigador que está empregando fagoterapia para debilitar as bacterias e que os antibióticos recuperen a súa efectividade. «Podríamos denominar a esos fagos como "virus buenos", con ellos debilitamos las bacterias y conseguimos que la medicación siga siendo efectiva», detallou no seu encontro con mozos e mozas de 4º da ESO. 
Un dos maiores logros nos últimos anos do INIBIC neste eido foi a creación da primeira biblioteca de bacterias ultrarresistentes, na que consultar o ADN destas cepas. «A partir de ahí ya sabemos las proteínas que contienen al detalle para diseñar nuevos tratamientos, tests diagnósticos y vacunas», explicou na biblioteca do centro coruñés. No futuro esa base de datos, conxugada co emprego de algoritmos de Intelixencia Artificial, permitirá obter aínda mellores resultados.

IAGO GARCÍA / SENÉN ROUCO / ÁLEX LÓPEZ-BENITO / JORGE GARCÍA

27 mar 2025

Victoria Otero, en «De 0 a 100»: «A titulación en matemáticas non é fácil porque aprendes a razoar de forma distinta»

A recentemente nomeada presidenta da Real Sociedad Matemática Española visitou o IES Rosalía de Castro, en Santiago, para falar da súa longa traxectoria, que inclúe unha estadía en Nova York coma investigadora de IBM, no programa de La Voz en colaboración coa Consellería de Educación. 
Otero, que foi decana da facultade de Matemáticas da USC entre 2009 e 2017, animou especialmente ás mozas a estudar titulacións científicas para rematar coa menor presenza de mulleres nas aulas neste tipo de graos. «Temos moitos referentes femininos, como é o meu caso, unha persoa normal que naceu nun pequeno pobo de Lugo e acadou altos niveis: con esforzo podemos chegar a onde queiramos chegar», explicou na biblioteca do centro compostelán. 
Especializada en sistemas dinámicos, aqueles capaces de predecir valores dunha determinada magnitude e obter así respostas a problemas ou necesidades do mundo real, a lucense leva publicados preto de 70 artigos publicados en revistas científicas. Ademais ten liderado case medio cento de proxectos de investigación dende o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMaga).

IAGO GARCÍA / SENÉN ROUCO / ÁLEX LÓPEZ-BENITO / JORGE GARCÍA / XOÁN A. SOLER