21 oct 2026
Lugo celebra «Con Voz de Muller»: «O encontro vainos abrir os ollos a outras realidades e posibilidades de ser nai, de formar unha familia e facer un fogar»
O foro terá lugar o venres 23 no Pazo de San Marcos e centrarase na maternidade desde a diversidade. Participarán profesionais sanitarias, deportistas, empresarias... E contarán con actuación musical de Laura Lamontagne e clausura a cargo da ex-ximnasta olímpica Almudena Cid