Jorge García Pubul

Últimos artículos publicados

20 feb 2025
Verónica Bolón, investigadora do CITIC e profesora da UDC.

Verónica Bolón, Premio Nacional de Investigación 2024: «A mellora dos diagnósticos médicos é xa unha realidade coa IA»

A carballesa volveu ás aulas do IES Alfredo Brañas da capital de Bergantiños nunha nova edición de «De 0 a 100», o programa de La Voz en colaboración coa consellería de Educación. O alumnado compartiu coa investigadora e enxeñeira informática os retos, presentes e futuros, da Intelixencia Artificial, a súa especialidade. 
Verónica Bolón foi en 2022 a muller máis nova en ingresar na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais e vén de gañar no ano 2024 un Premio Nacional de Investigación. Uns galardóns que supoñen «recoñecer o esforzo» e dos que se amosa orgullosa, especialmente por telos obtido dende Galicia, «dende unha universidade de provincias». A pesares de que realizou durante o seu proceso de doutoramento estadías en prestixiosas universidades europeas e americanas, a súa idea sempre foi volver á casa, algo que non lle impediu liderar investigacións que aplican a Intelixencia Artificial para mellorar diagnósticos médicos. «Unha IA pode detectar sobre unha imaxe, sobre uns píxeles, erros ou problemas que antes tardábase máis tempo en diagnosticar. Os algoritmos eliminan a subxectividade e son obxectivos nos seus resultados», explica Bolón sobre as potencialidades que ten detectado como investigadora do CITIC, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade de A Coruña. «A detección de erros, de fallos, de anomalías é un dos principais atractivos da IA, sempre con control humano» sinalou ao alumnado a tamén docente universitaria.

IAGO GARCÍA / SENÉN ROUCO / JORGE GARCÍA

13 feb 2025
Os enxeñeiros de atlanTTic Íñigo Cuíñas e Francisco Javier González.

«En 15 anos non haberá maiores que non saiban empregar ferramentas dixitais, o futuro da tecnoloxía serán eles»

Os enxeñeiros Íñigo Cuíñas e Francisco Javier González visitaron «De 0 a 100», o programa de La Voz en colaboración coa Consellería de Educación, para presentar o asistente virtual Celia e o sistema de localización Digital4Rural, deseñados específicamente para persoas de idade avanzada no centro de investigación atlanTTic de Vigo. 
Só en Galicia, segundo o INE, hai máis de 700.000 persoas maiores de 65 anos e máis de 100.000 viven soas. Pensando nesa audiencia potencial, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, impulsou o desenvolvemento de dous proxectos que hoxe son xa unha realidade. «Unha das maiores dificultades foi dar precisamente cos usuarios que empregarían as novas aplicacións. Empezamos por aí para que en termos de usabilidade non houbera problemas», sinala Francisco Javier González. González forma parte do equipo de investigadores que creou o asistente conversacional baseado en intelixencia artificial Celia. «A principal diferencia con Alexa ou Ok Google é que máis alá de cumprir ordes, é capaz de entender o que lle dicimos, facéndonos tamén preguntas e creando unha experiencia diferente para cada usuario». É precisamente isto o que permitiu que Celia, tendo en conta que sería usado preferentemente por xente maior, poida detectar mediante unha serie de tests mesmo problemas médicos ou neurodexenerativos. Esta dispoñible nas tendas de aplicacións de Android e iOS e na web celiatecuida.com. 
Pola súa banda, Íñigo Cuíñas, presentou Digital4Rural, un sistema de localización pensado para entornos rurais. «Mediante o emprego de localizadores pódese saber en todo momento onde están os usuarios, evitando que a xente maior se perda», sinala Cuíñas. O máis importante é que o sistema pode funcionar mesmo nos sitios onde non hai rede móbil e mesmo se a houbera, pero falla, as persoas maiores estarían localizadas. «Funciona con éxito xa en tres parroquias da provincia de Ourense e os maiores gañan independencia ao tempo que os seus familiares están más tranquilos», comenta o enxeñeiro sobre o feedback que están recibindo do proxecto. Os veciños destes núcleos poden ver nunha tablet ou nun móbil onde están os localizadores (se deciden que queren poñelos en funcionamento) creándose así ademais un sentimento de pertenza comunitario no que uns se preocupan polos outros.

IAGO GARCÍA / SENÉN ROUCO / ÁLEX LÓPEZ-BENITO / JORGE GARCÍA

06 feb 2025
Mónica Figueroa é responsable de bioenerxía de Energylab, centro tecnoloxíco radicado en Vigo.

Mónica Figueroa, de Energylab, en «De 0 a 100»: «O futuro enerxético pasa por consumir menos e consumir máis limpo»

Avanzar na  descarbonización, é dicir, consumir menos combustibles fósiles e evitar as súas emisións contaminantes, son as máximas polas que aposta o centro tecnolóxico Energylab, nado en 2008 e ubicado en Vigo. A súa responsable de bioenerxía, Mónica Figueroa, visitou o programa que La Voz produce en colaboración coa consellería de Educación, para explicarlle aos alumnos do IES Ramón Cabanillas de Cambados algúns dos proxectos que lidera. 
A cambadesa, que precisamente volveu ao centro no que ela mesma estudou, destacou a importancia de reutilizar materia orgánica e transformala en enerxía para reducir o impacto ambiental. Así, contou como grazas aos seus proxectos de investigación, varias granxas galegas, avícolas e porcinas, «valorizan os desfeitos» producindo biogás, algo que redunda non só en producción enerxética, senón tamén nun beneficio económico para as explotacións. 
Outro dos proxectos máis destacados dos últimos anos é a Unidade Mixta Gas Renovable posta en marcha na EDAR de Bens, en A Coruña. Neste caso, as augas residuais son tratadas para poder obter enerxía mediante un sistema de «purificación baseado en membranas». Grazas a el, conséguese «aproveitar un excedente de biogás que non se estaba empregando». De forma experimental estano usando autobuses urbanos, furgonetas da propia estación depuradora e, tamén, «podemos inxectar directamente o biometano á rede de gas natural», polo que xa se está empregando en moitos fogares. Con isto demóstrase que as súas propiedades son «iguais que as do combustible de orixe fósil». 
Figueroa concluíu que fomentar o emprego de combustibles de orixe renovable é o «futuro» da enerxía, nunha aposta por «consumir menos e consumir máis limpo».

IAGO GARCÍA / SENÉN ROUCO / ÁLEX LÓPEZ-BENITO / JORGE GARCÍA

19 dic 2024

Ana Paúl, directora de innovación do CTAG: «El modelo eléctrico no debe ser la única vía en el futuro de la automoción»

A enxeñeira industrial visitou o IES Pino Manso de O Porriño no programa «De 0 a 100», que realiza La Voz coa consellería de Educación, para falar da súa dilatada experiencia adicada aos coches. 
Paúl (Valladolid, 1970), unha das mulleres que máis sabe da industria automotriz do país, compartiu cos estudantes de secundaria o momento no que se decatou de que quería achegarse aos coches. «Recuerdo perfectamente unas Navidades, a finales de los 70, en las que a mis hermanos los Reyes Magos les trajeron un coche teledirigido sin cables. Aquello me pareció increíble», recorda Ana. Aínda que aquel agasallo era máis para eles que para ela, sería a nena quen acabaría iniciando anos despois unha carreira centrada na automoción. Ser muller nun mundo de homes, asegura que non lle impediu participar no desenvolvemento de diferentes modelos, tanto para SEAT en España coma para o grupo Volkswagen en Alemaña: «En Alemania esperaba que la situación estuviese más equilibrada en cuanto a sexos, y sin embargo había más mujeres en los equipos de ingeniería en España». 
Unha das cuestións que mais interese despertou é a situación de incertidume para os consumidores á hora de cambiar de coche. «El modelo eléctrico no debe ser la única vía en el futuro de la automoción», sinalou a enxeñeira, que se amosou preocupada, coma o resto do sector por unhas vendas de coches eléctricos que non están despegando, provocando unha crise na industria despois de que a UE instase aos fabricantes a abandonar a produción de turismos de combustión. «Está claro que debemos tener menos emisiones, pero en según que casos, hay vehículos en los que el modelo eléctrico no tiene porqué ser el mejor», aportou sobre o tema. O vindeiro ano 2025 as gamas dos fabricantes deben reducir as súas emisións ou expoñerse a multas. En 2035 non poderán segundo o regulamento europeo actual venderse coches de combustión: «solo habrá una excepción, los que empleen combustibles sintéticos y no fósiles». Fala con orgullo do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), ubicado precisamente no municipio porriñés e a onde chegou en 2005. Dende entón, como directora de innovación, liderou avances na industria que fan que moitos dos coches que se conducen conten con sistemas desenvolvidos en parte en Galicia, gracias a acordos de colaboración con diferentes fabricantes.

IAGO GARCÍA / SENÉN ROUCO / ÁLEX LÓPEZ-BENITO / JORGE GARCÍA

03 may 2024
Belén Reimondo, fundadora de Belén Cars en Ferrol

Belén Reimondo, de Belén Cars, en «De 0 a 100»: «Mercamos un coche para os vindeiros dez anos, con ese horizonte nunca recomendaría un eléctrico»

O programa que achega exemplos de emprendemento a centros de secundaria da man de La Voz en colaboración coa consellería de Educación, convidou á empresaria Belén Reimondo para falar do seu negocio de compraventa de coches, Belén Cars. Con sede en Ferrol, é a súa aposta persoal despois de 25 anos adicada de cheo á venda de coches. Aos alumnos de secundaria do centro onde esta mariñá estudou, o IES Dionisio Gamallo de Ribadeo, explicoulles os motivos que a levaron a deixar de ser traballadora por conta allea, pasando a ser a súa propia xefa. «Aproveitei a miña experiencia en vehículos de alta gama para ofrecer un servicio de mediación, no que a cambio dunha comisión, buscamos no mercado de segunda man o coche que mellor se adapta ás necesidades dos nosos clientes», explica Reimondo. Para ela, a pesar do tempo que leva entregando vehículos, trátase dunha merca «especial e cun gasto importante» e sempre é «gratificante» ver que lle entregas algo «tan desexado» a unha persoa. Con menos de dous anos dende a súa fundación, Belén Cars vendeu 97 vehículos en 2023, unha cifra que leva a Reimondo a pensar en ampliar o negocio. Iso sí, de momento aínda centrada nos vehículos movidos por motores de combustión. «Os meus clientes veñen buscando un coche para a vindeira década, que lles permita usalo en calquer circunstancia e iso os eléctricos aínda non o permiten pola súa autonomñia e infraestructura de recarga», di Belén. «Nun futuro a autonomía e a rede de carga mellorará, non teremos que estar pendentes de planificar viaxes longas con eles e quizais permitan ser usados por calquera persona en todas as circunstancias, algo que agora non é así», conclúe

IAGO GARCÍA / ÁLEX LÓPEZ-BENITO / SENÉN ROUCO / JORGE GARCÍA

27 ago 2020

Luna

Jorge García Rodríguez