As portas do recinto da Illa das Esculturas abriranse ao mediodía para recibir, por esta orde, a Gazela, Heredeiros da Crus (que tocarán á unha do mediodía), O Cadelo Lunático, Fondo Norte, Anxo Araújo, Moura, Ruxe Ruxe, Indy Tumbita & The Voodoo Bandits, Thee Blind Crows e Dismal. Paralelamente, haberá durante toda a xornada un escenario dedicado a DJ polo que pasarán Señora, Kris K, Dinero e Maefield.
A proposta do Surfing para o sábado é, segundo o seu organizador, «unha representación do que é a nova xeración musical galega, con propostas que van do rock ao garaxe, do rap ao trap». Nesa xornada será a quenda de Copa Turbo, Playa Desmayo, Boyanka Kostova, Familia Caamagno, Carlota Crey, Kings of the Beach, Queco Lago, Berto, Elephants & Paw, Cora Velasco, Grande Amore, The Rapants e Terbutalina. O festival contará ademais cun escenario para os grupos da escola Bonobo e outro para actividades infantís.