O equipo xuvenil do Arousa cae na Coruña ante o Atlético Montañeros (3-1)
FUTBOL GALLEGO
O cadro arlequinado estivo fóra do partido toda a segunda parte
30 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Confiaba o Arousa en encadear onte unha segunda vitoria logo da súa goleada, 5-0, sobre o Val Miñor Nigrán. Lonxe de conseguilo, o equipo que dirixe Adrián Tobío recibiu unha goleada a mans dun rival directo na zona media da clasificación do Grupo 1 da División de Honor Juvenil, o Atlético Coruña Montañeros: 3-1.
O conxunto vilagarcián encaixou demasiado rápido, no minuto 7, con Barbeito coma protagonista abrindo e pechando o marcador. O maior problema foi, con todo, que logo de dispoñer durante a primeira parte das súas opcións para meterse de novo no encontro, como demostra o tanto de Paulo no minuto 26 para recortar o 2-0 que luceu durante tres minutos, obra de Longueira, o Arousa diluíuse á volta do paso intermedio por vestiarios.
O segundo tanto de Barbeito, a sete minutos da conclusión, acabou de condenar ao Arousa. A falta de catro xornadas para a conclusión da Liga, o cadro arlequinado é sétimo con 32 puntos, co Basander sexto con 36, pero co Covadonga 6 puntos por debaixo abrindo a zona de descenso.
FICHA DO PARTIDO:
ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS (3): Hugo, Camba, Hidalgo (Pose, min 72), Roi, Buide, Selvaggio, Longueira, Diego Rodríguez (Xenxo, min 86), Barbeito (Barreiro, min 86), Samuel Vázquez (Mateo Mosquera, min 72) e Iker (Nicolás Mosquera, min 64).
AROUSA (1): Adrián, Iván Varela, Juan, Paulo (Iván Santos, min 84), Úbeda (David Sánchez, min 72), Sindo (Gael, min 84), André Piñeiro, Pedro Bouzada, Iker (Yeray Núñez, min 65), Beltrán (Seijo, min 46) e Yeray Arosa.
GOLES: 1-0, min 7: Barbeito. 2-0, min 23: Longueira. 2-1, min 26: Paulo. 3-1, min 83: Barbeito.
ÁRBITRO: Alejandro Castro Alarcón. Amonestou os xogadores locais Barbeito e Samuel e os visitantes Pedro Bouzada, Beltrán e Juan.