Eladio Oubiña, presidente do Juventud Cambados: «Isto é o resultado da unión e do traballo dunha directiva nese sentido»
FUTBOL GALLEGO

O primeiro directivo salienta o labor feito polos responsables da parcela deportiva do club, pero tamén do grupo de pais que recuperaron a sociedade
17 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O presidente do Juventud Cambados, Eladio Oubiña, falaba onte de «unha satisfacción» polo ascenso tras tres anos á fronte do grupo de pais de xogadores e xogadoras da canteira que decidiron coller o temón da entidade para «darlle a volta a unha situación que levou no seu momento a moitos pais e a xente do club a ter ganas palpables de deixar o Cambados». Unha situación da que, engade Oubiña, «houbo moitos clubs da contorna que se alimentaron con nenos da nosa base».
Máis aló de enxugar unha débeda neta herdada duns 8.000 euros, di, o actual presidente do Juventud salienta a recuperación da alarmante situación social do club para, dándolle «sensatez, coherencia, confianza e cariño á xente que levaba a parcela deportiva —Fol na dirección técnica e Pénjamo á fronte do primeiro equipo—», conseguir o ansiado ascenso; pero sobre todo, facelo cun pobo detrás, cun milleiro de cambadeses apoiando o equipo na fase.