O caso do Prestige está agora en fase de estudo dos recursos presentados polas partes e á espera de que se resolvan e se abra xuízo oral. A xuíza do caso ordenou o sobresemento do entonces director xeral de Mariña Mercante, José Luis López Sors. -A Fiscalía estivo de acordo. ¿Por que? -A primeiros de xaneiro reunímonos os fiscais que coñeciamos o caso. Analizamos a situación cunha ponencia que nos presentou o fiscal delegado de medio ambiente, que leva este caso. Con imaxes explicounos a súa postura en relación á imputación de López Sors e vimos que eran explicacións razoables e se tomou unha decisión de acordo coas probas e datos que figuran na causa. E non había elementos suficientes para formular unha acusación contra López Sors. A Fiscalía fai isto con absoluta imparcialidade. Non ten ningún tipo de presión.