Queremos Galego anima a encher o Obradoiro de Santiago o 17 de maio en defensa da lingua

La Voz

GALICIA

01 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A plataforma cidadá Queremos Galego convocou para o 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha manifestación en defensa da lingua baixo o lema « O galego, o noso existir» , da que agardan que sexa histórica polas súas dimensións. Na presentación da marcha, Carlos Callón, presidente de A Mesa e portavoz de Queremos Galego, sinalou que Feijoo non defende a lingua porque non cre nas potencialidades de Galicia e fixo unha conexión entre as capacidades económicas dunha comunidade e a protección da lingua, como ocorre, dixo, en Cataluña e o País Vasco. A manifestación sairá ás doce da Alameda de Santiago e rematará na praza do Obradoiro. Consellos escolares Por outra banda, os sindicatos CIG-Ensino, CC.?OO., UGT e STEG están levando a cabo unha campaña para que os consellos escolares dos centros educativos aproben un texto adheríndose ao rexeitamento do Consello Escolar de Galicia ao decreto do plurilingüismo, que se atopa no trámite do Consultivo.