O porqué das sombras

GALICIA

Se consideramos unha antena de telefonía móbil como unha farola, podemos entender por qué hai zonas de sombra mesmo en cidades: esas zonas non están iluminadas dabondo. A diferenza entre as ondas de luz visible e as de telefonía móbil está na súa frecuencia: as da luz andan polo millón de xigahercios, e as de telefonía móbil andan por un xigahercio. A menor frecuencia permítelles ás de telefonía esquivar mellor os obstáculos, pero non completamente. Se queremos ter mellor cobertura, a solución pasa por instalar máis antenas repetidoras. Non vexamos isto como un problema, a maior proximidade a unha estación de base fará que o noso teléfono teña que radiar menos potencia cerca da nosa cabeza. As ondas electromagnéticas son parte da nosa vida, dende as do eco do big bang ata a luz que nos permite ver. E non só vemos, senón que tamén vivimos grazas a elas: o maior emisor ao que estamos expostos é o noso Sol, que alimenta a fotosíntese das plantas ou regula a temperatura do noso planeta. Agora ben, tamén nos queima se o tomamos demasiado; todo dependerá da nosa capacidade de regulación.