«Como non iamos poder pagar soldos, entramos en concurso»

l. r. LUGO / LA VOZ

GALICIA

Marisol Fernández Rocha.
Marisol Fernández Rocha.

A Consellería de Traballo e Benestar suprimiu hai dous cursos a axuda de 500.000 euros a Preescolar na Casa. Logo de 35 anos orientando a milleiros de familias de toda Galicia, a fundación que está á fronte do histórico programa educativo presentou concurso voluntario de acredores o pasado mes de xuño, como lembra a súa presidenta, Marisol Fernández.

«Os 32 traballadores que quedaban están xa no paro. Desde que as cousas empezaron a ir mal, a fundación, os traballadores..., todos se esforzaron por buscar financiamento para seguir adiante, pero non se puido conseguir o suficiente. En setembro non iamos poder pagar os salarios, así que entramos en concurso», lamenta a muller. Con este panorama, o futuro pinta mal. «O mes que vén -sinala Fernández- saberase se nos deixan polo menos o nome porque estamos en liquidación. Neste momento temos máis demanda das familias ca nunca, e pensaba que o XXI ía ser o século do ser humano, pero está sendo todo o contrario».