![O ministro Guirao e Feijoo, na inauguración](https://img.lavdg.com/sc/fcCVkNzaPl_3pJKqLhr3Q1uYEC8=/480x/2019/12/24/00121577184482352108928/Foto/132654.jpg)
![Así é a nova biblioteca de Ourense](https://img.lavdg.com/sc/xbJcZ0kgDm-7XIbHaxwGOdjXc04=/480x/2019/12/24/00121577184543581336513/Foto/132654.jpg)
![Así é a nova biblioteca de Ourense](https://img.lavdg.com/sc/4X0LMgK_MprQCYoeAbd4uvxjOGM=/480x/2019/12/24/00121577184543029645619/Foto/132654.jpg)
![Así é a nova biblioteca de Ourense](https://img.lavdg.com/sc/_83HGvPiCjMSJml70GE95qcDo4k=/480x/2019/12/24/00121577184542743701235/Foto/132465.jpg)
![Así é a nova biblioteca de Ourense](https://img.lavdg.com/sc/nmhnfLnl3XOTrg-rWxQhBR_vpxs=/480x/2019/12/24/00121577184542200679824/Foto/123654.jpg)
![Así é a nova biblioteca de Ourense](https://img.lavdg.com/sc/5NyLdTljH65D9WSCuW2tr-nxg3M=/480x/2019/12/24/00121577184602364172621/Foto/132654.jpg)
![Así é a nova biblioteca de Ourense](https://img.lavdg.com/sc/42uWklzB3ddTxuIhuP768wyunc4=/480x/2019/12/24/00121577184602579112426/Foto/132654.jpg)
![Así é a nova biblioteca de Ourense](https://img.lavdg.com/sc/cQRPN2lE7QkJLk4_naE3tO6NhgI=/480x/2019/12/24/00121577184603220347843/Foto/132654.jpg)
![Biblioteca Nós](https://img.lavdg.com/sc/Xc8bEXgoqCkq810SKo8Ay5Wzzyw=/480x/2019/12/24/00121577184603473223186/Foto/132654.jpg)
![Así é a nova biblioteca de Ourense](https://img.lavdg.com/sc/yW76XNEcsjUbr_fYlPMyRRgjULQ=/480x/2019/12/24/00121577184604085570944/Foto/132654.jpg)
![Así é a nova biblioteca de Ourense](https://img.lavdg.com/sc/hXt-s8QvSgTTUObws1dMX4SdLZQ=/480x/2019/12/24/00121577184604378523326/Foto/13546.jpg)
![Así é a nova biblioteca de Ourense](https://img.lavdg.com/sc/j-vOZDnHo1Ok5tYjUvdsQa9B9dE=/480x/2019/12/24/00121577184604998229192/Foto/132654.jpg)
O proxecto actual vén aínda do Goberno de Aznar, e tiveron que pasar quince anos para que se abra
24 dic 2019 . Actualizado a las 11:51 h.Máis de 170 anos despois da súa apertura ao público, a Biblioteca de Ourense conta cun edificio de seu. A orixe da mesma sitúase en 1836, cando a Comisión Provincial de Monumentos inicia a recollida de volumes para crear unha biblioteca e os deposita onte estaba a Comisión: no convento de San Domingos -actual sede de Facenda, no centro da cidade-. A recollida, propiamente dita, desenvolveuse ata 1845. Como biblioteca abriuse ao público en 1847 no instituto da cidade, e logo pasou ao instituto que actualmente leva o nome de Otero Pedrayo. Alí foi onde se rexistrou o grande incendio de 1927, que deixou á institución sen a maior parte dos fondos. Houbo unha campaña cidadá para conseguir dotala de novos exemplares, e pasou a ocupar o baixo da Deputación. En 1978 foise para o edificio de Educación na rúa Concello, e, tras unha longa espera, dende onte a Biblioteca Nodal de Ourense conta cun edificio de seu.
Adxudicada no 2004
O proxecto de facer do contorno do vello cuartel militar de San Francisco -antes, e durante séculos, convento dos franciscanos- un gran conxunto de infraestruturas culturais vén de lonxe: presentouse cando Mariano Rajoy era ministro de Educación e Cultura do Goberno Aznar, e o popular Manuel Cabezas alcalde de Ourense. A iniciativa, que contemplaba un edificio de nova planta para a biblioteca e rehabilitar o conxunto histórico para o Arquivo Histórico Provincial, non tivo o vento a favor. O proxecto licitouse no 2003, adxudicouse no 2004 e inaugurouse a nova Biblioteca Nodal de Ourense quince anos despois de comezadas as obras. E polo medio quebraron tanto a primeira como a segunda empresa adxudicataria, polo que foi preciso volver sacar de novo as obras a concurso. O resultado é un edificio que dispón de máis de 7.000 metros cadrados, dotado con todo tipo de servizos e das últimas tecnoloxías, creado cun investimento de preto de 12 millóns de euros.
Conta cun fondo duns 200.000 documentos -entre libros, fondos de hemeroteca, audiovisuais e demais- e máis de 38.000 socios. O ministro de Cultura en funcións, José Guirao, pediu desculpas polo atraso das obras, e animou aos ourensáns a usar e a gozar das novas instalacións, que recoñeceu que veñen a erradicar unha eiva histórica, ao estar sen espazo e obsoletas as vellas instalacións da rúa Concello, onde estaba o servizo dende 1978.
Guirao confesou que desexaba estar na inauguración de Ourense por unha compoñente persoal, por ser a cidade do seu mestre e amigo José Ángel Valente e por estar a nova instalación a só 200 metros de onde están soterradas as cinzas do poeta. E leu un texto de Valente, pertencente a Cántigas de alén, para pechar a súa intervención. O ministro aproveitou a súa visita á cidade para anunciar que as obras do Arquivo xa están rematadas e que, logo de equipado, será inaugurado en xuño ou xullo do 2020.
Concurso de ideas para o nome
O presidente da Xunta, que citou en varias ocasións a Carlos Casares -do cal recuperou a definición de que «Ourense é unha cidade culta e literaria»- e que lembrou a figuras senlleiras da cultura ourensá e galega, de Curros a Otero Pedrayo, anunciou que o Goberno galego convocará un concurso de ideas para darlle nome ao centro. Feijoo asegurou que «a biblioteca do mañá é esta» e fixo unha defensa do formato papel como o soporte máis axeitado para a lectura.