Un libro de Xosé Ramón Fandiño recolle os 60 anos da Fundación do Pedrón de Ouro

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

GALICIA

El libro que conmemora los sesenta años del Pedrón de Ouro
El libro que conmemora los sesenta años del Pedrón de Ouro Pedrón de Ouro

A publicación compila as biografías e os mellores discursos dos homenaxeados nos seus premios anuais

19 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación do Pedrón de Ouro e os seus premios anuais constituíron unha referencia esencial para a cultura galega. Despois da súa disolución no 2024 tras 60 anos de actividade na defensa da lingua e cultura galegas, un libro escrito por Xosé Ramón Fandiño, último presidente da fundación, debulla ano a ano a historia desta institución. Un fío de amor e lealdade a Galicia: 60 anos da Fundación do Pedrón de Ouro presentarase este venres día 20, ás 20 horas, na Casa Museo de Rosalía, en Padrón.

A publicación detalla as biografías dos homenaxeados nos seus premios anuais Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra, e fai historia do Certame de Narración Breve Modesto R. Figueiredo. Recolle tamén unha escolma dos mellores discursos pronunciados nos actos de entrega dos seus galardóns.

«Con esta publicación a fundación quere concluír e deixar memoria da súa traxectoria comprometida coa defensa da cultura galega para que as vindeiras xeracións poidan recoller e estudar o seu legado», aseguran nun comunicado. Ademáis do autor, no acto intervirán Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro; María Xosé Rodríguez, filla de Figueiredo; e Severino Álvarez, delegado de Cultura da Xunta na Coruña.